Aventúrate con Iván Raña

21/01/2019
Aventúrate con Iván Raña

Converterse en deportista de élite é unha aventura que leva tempo. Empeza na infancia e pode durar toda a vida. E como en todas as grandes aventuras, o camiño esconde compañeiros, traballo, anécdotas, victorias e, tamén, derrotas.

A historia de Iván Raña é un exemplo de perseveranza, compromiso e esforzo.

Cando o triatlón non contaba co prestixio do que goza na actualidade, Raña conseguiu o quinto posto no debut desta disciplina deportiva nos Xogos Olímpicos de Sidney e tornou completamente o seu futuro e o do triatlón.

En 2002 gañou a primeira medalla de ouro nun Campeonato do Mundo e máis tarde converteuse en Campión de Europa, dous anos consecutivos. 

Leva máis de vinte anos competindo e ás suas costas pesan miles e miles de kilómetros. Viviu tres xogos olímpicos, foi ciclista profesional e na actualidade compite na carreira máis dura, o Ironman. 

Iván ten moitas aventuras que contar e escoitalo é coma asistir a un curso acelerado de boas ideas para acadar o éxito.

Queres coñecer a súa historia?

O mércores, ás 19.30h, aventúrate con Iván Raña.

Inscripción gratuita ata completar aforo.

 

Ligazón para mercar entradas: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/varios/auditorio-abanca/9665–programa-abanca-deporte-base-aventurate-con-ivan-rana.html

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *