Iván Raña, protagonista do primeiro encontro de Aventúrate
03/02/2019O Auditorio ABANCA en Santiago de Compostela acolleu o primeiro encontro de Aventúrate, a iniciativa do Programa ABANCA Deporte Base para achegar aos máis novos a valiosa experiencia dos deportistas galegos de elite.
Iván Raña foi o encargado de estrear este ciclo de charlas no que tamén participarán Sofía Toro e Martín de la Puente. O triatleta galego compartiu co público asistente diferentes experiencias e anécdotas que tivo ocasión de vivir ao longo da súa carreira profesional. Tamén contestou a numerosas preguntas dos deportistas que asistiron ao encontro, interesados pola opinión de Iván sobre rutinas de adestramentos ou nutrición.