“O QUE MÁIS ME GUSTA É FACER AMIGOS”

01/06/2018
“O QUE MÁIS ME GUSTA É FACER AMIGOS”

Unha pequena gran xogadora.

 

Vega Areal Cuña, cos seus 6 aniños xa adestra a balonmán no Club de Balonmán do Porriño.

Á pequena xogadora encántalle o deporte e, ademais de adestrar a balonmán, tamén vai á piscina.

No seu equipo, ás veces, xoga de porteira e ás veces, “de xogadora normal” .

O que máis lle gusta de xogar ao balonmán e de facer deporte en xeral é facer amigos. Ademais, a súa mellor amiga tamén se apuntou ao equipo e está encantada.

As compañeiras súas do club, máis maiores, cóidana e entre todas forman unha gran familia.