“O RUGBY É UN DEPORTE DE SOCIABLES”

01/06/2018
“O RUGBY É UN DEPORTE DE SOCIABLES”

Un trío imparable de amigos inseparables.

 

Enrique, Pedro e Martín de 9, 9 e 9 anos. Adestran ao rugby no Club do C.R.A.T. da Coruña.

Trastes e divertidos e, á vez,  nobres e responsables. Ao igual ca o deporte que practican, segundo eles mesmos o definen.

O rugby é un deporte moi especial para Enrique porque llo transmitiu o seu pai. Explica que o rugby non é coma outros deportes nos que “pelexan sempre” senón que este deporte é distinto e ten uns valores moi bonitos.“Este é un deporte de sociables”, “hai que ser amigable co árbitro e nunca se lle pode discutir”.

Pedro leva moitos anos xogando e di que o que máis lle gusta é placar e correr. Tamén cre que é un deporte moi nobre, diferente a outros, no que non se abusa. Pedro descríbeo como un deporte “de amigos”.

Martín ten 9 anos e tamén é un seareiro do rugby. Pásao fenomenal con Pedro e mais Enrique. O que máis lle gusta é que é un deporte en equipo, no que teñen que conseguir gañar entre todos. Algunha vez levan algún golpe, pero non se mancan moito, así que os pais poden estar tranquilos.