Redes vivas
do fondo do mar ao centro do campo

Cada ano, preto de 620.000 toneladas de redes acaban no mar, ameazando e contaminando o ecosistema marítimo. E converténdose nun 10% dos residuos plásticos do océano.

Desde ABANCA queremos seguir promovendo iniciativas que contribúan a construír un mundo mellor. Por iso lle engadimos o valor da sostibilidade ao noso programa de Deporte Base, fundamentado na educación de valores positivos.

Presentamos REDES VIVAS, unha iniciativa co obxectivo de lles dar unha segunda vida ás redes fantasma coa axuda das redeiras. Un proxecto que combina compromiso e innovación con tradición e artesanía.

En total rescatáronse ata 1.500 kg de redes vivas que invadían as nosas costas. Despois dun laborioso traballo de recuperación, estas redes reciclaranse e utilizaranse como material deportivo en centros de toda Galicia e serán utilizadas por máis de 5.000 deportistas do programa Deporte Base.

Porque o coidado do planeta só se sustenta sobre un piar insubstituíble: a sostibilidade. Unha iniciativa de Sentir Planeta ABANCA coa que todos ganamos.

Descubre a acción no seguinte vídeo e mira como fixemos a campaña.