Como patrocinador oficial dos equipos de alta competición de Galicia, desde o Programa ABANCA Deporte Base traballamos para fomentarmos os valores que defende o deporte. Con esta aposta, e grazas á confianza dos nosos clientes e empregados, comprometémonos coa sociedade galega a fomentar a cultura do esforzo dos nosos atletas e redobramos a nosa aposta polo desenvolvemento persoal e académico dos nenos e nenas de Galicia a través dos valores vinculados ás actividades deportivas.

Estes valores son unha parte fundamental da educación dos nenos e mais dos mozos.

Perseveranza

A cultura do esforzo e mais a tenacidade son consubstanciais ao deporte base.

Xogo limpo

A nobreza e mais a integridade están na esencia da deportividade.

Convivencia

Tolerancia, respecto e inclusión son a base do traballo en equipo.

Compromiso

O deporte ensina a comprometerse. Cun mesmo, co equipo, coas normas, co rival.

Igualdade

A integración e o trato igualitario independentemente da condición ou das aptitudes de cada quen é o principio clave.

Traballo en equipo

O fomento da colaboración para conseguir unha meta en común é unha aprendizaxe para a vida.

Recoñecemento

A satisfacción e mais o recoñecemento polo traballo ben feito inspira e importa.

Humildade

Practicala sen descanso é importante para saber perder e aínda é máis necesaria para saber gañar.

Superación

Alcanzar unha meta e estar á altura dos demais é imposible sen autodisciplina e esforzo.

Compañeirismo

Impulsar a preocupación polo outro a través do vínculo de amizade que se crea entre os membros do mesmo equipo vale máis ca unha vitoria.

Preto de

20.000

deportistas
Máis de

1.600

equipos
 

34

deportes

UNHA MISIÓN:

QUE GAÑEN TODOS.

Os nenos, os adestradores e mais os familiares están chamados a beneficiarse deste programa, que nace para apoiar a sociedade galega no seu conxunto. Porque un pobo que impulsa o deporte, gaña un futuro mellor.

UNHA MISIÓN:

QUE GAÑEN TODOS.

Os nenos, os adestradores e mais os familiares están chamados a beneficiarse deste programa, que nace para apoiar a sociedade galega no seu conxunto. Porque un pobo que impulsa o deporte, gaña un futuro mellor.

NINGUÉN

FÓRA DE XOGO.

Calquera disciplina deportiva ten cabida no programa. Incluíndo por suposto, as disciplinas específicas para deportistas con discapacidade.

O Programa ABANCA Deporte Base e a Xunta traballan xuntos para dar apoio a preto de 20.000 deportistas en toda Galicia.

Gustaríache que o teu equipo formase parte do Programa ABANCA Deporte Base?
Infórmate aquí dos prazos e a documentación para solicitar as axudas. Podes tramitar a solicitude a través deste enlace.