«HAI COUSAS QUE NON SAEN Á PRIMEIRA, PERO NON PODES DEIXAR DE INTENTALO»

14/06/2018
«HAI COUSAS QUE NON SAEN Á PRIMEIRA, PERO NON PODES DEIXAR DE INTENTALO»

Sempre estamos unidas

 

Carmen adestra a balonmán desde hai 6 anos. Empezou no colexio do Porriño, de alevín, como actividade extraescolar e afeccionouse. Hai dous anos uniuse ao Club Balonmán Porriño porque ten “moi boa proxección”. Agora, xa xoga como xuvenil. O seu equipo chegou a disputar o campionato de España e quedou en terceiro lugar, do que se senten “moi orgullosas”.

Para Carmen o balonmán é un deporte especial e diferente a outros. No balonmán fórmase unha familia. No equipo senten que están xuntas no bo e mais no malo. “Estamos xuntas na alegría e mais na tristeza. Cando perdemos, estamos xuntas para chorar e animarnos e cando ganamos, xuntas para celebralo”.

É un deporte no que te sentes apoiada. “Se fallas un gol, sabes que tes unha compañeira que o pode meter. Se che escapa unha xogadora sabes que tes outra compañeira que te vai axudar. Sempre estamos unidas”.